Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Nativización

Definición:

Proceso de incorporación de innovacións lingüísticas en variedades empregadas como segunda lingua. Tradicionalmente estas innovacións eran simplemente atribuídas a unha aprendizaxe imperfecta debido a un ensino inadecuado, á ausencia dun modelo consistente e coherente, ou ás limitacións intrínsecas ao proceso de adquisición. Na actualidade, esta actitude deixou paso a un maior recoñecemento da importancia do novo contexto sociocultural no que se empregan as variedades lingüísticas. Este contexto require unha adaptación a funcións e estratexias comunicativas diferentes, que favorecen a transferencia de trazos das linguas nativas locais. Por exemplo, o emprego dunha estrutura interrogativa sen inversión do suxeito e o auxiliar é aceptable na variedade de inglés empregada na India: What you would like to read?, en lugar da forma estándar What would you like to read? (“Que che gustaría ler?”).

Exemplos: 

O emprego dunha estrutura interrogativa sen inversión do suxeito e o auxiliar é aceptable na variedade de inglés empregada na India: What you would like to read?en lugar da forma estándar What would you like to read? (“Que che gustaría ler?”)

Bibliografía: 

Kachru, B. B. 1982. The Other Tongue: English Across Cultures. Urbana Illinois: University of Illinois Press.

Kachru, B. B. 1986. The Alchemy of English: The Spread, Functions, and Models of Non-Native Englishes. Oxford: Pergamon Institute of English.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Nativización
Inglés: 
Nativization
Francés: 
Nativisation
Alemán: 
Nativisierung
Italiano: 
Nativizzazione
Polaco: 
Natywizacja
Portugués: 
Nativização
Ruso: 
Нативизация
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/nativizacion, con data de acceso 09/10/2024).