Ellis, R. 1991. Understanding Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.
Esta hipótese afirma que hai un período no que a adquisición da lingua ten lugar de forma natural. De acordo con esta teoría, a mellor idade para aprender unha segunda lingua vai dos 4 aos 8 anos, xa que nese momento o cerebro adquire maior plasticidade e desenvólvese a capacidade necesaria para adquirir a fala. Esta hipótese foi obxecto de críticas por parte de diferentes autores, entre os cales se atopa Ellis (1985c), quen mantén que o período crítico non explica a relación entre a perda de plasticidade do cerebro e a pronuncia. Este autor inclínase pola hipótese de múltiples períodos críticos, que afirma que os procesos de lateralización e localización da linguaxe son graduais e os diferentes aspectos da linguaxe vense afectados de forma diferente nas distintas etapas do proceso.
Lenneberg, E. 1967. Biological Foundations of Language. New York: Wiley and Sons.
Penfield, W. & Roberts, L. 1959. Speech and Brain Mechanisms. New York: Atheneum Press.