Eubank, L. 1991. Point / Counter Point: Universal Grammar en the Second Language. Amsterdam: John Benjamins.
hipótese que defende a existencia dunha idade óptima para a aprendizaxe da segunda lingua. De acordo con ela, dos 4 aos 10 anos a adquisición da lingua ten lugar de forma natural, xa que o cerebro posúe maior plasticidade e é cando se desenvolve a capacidade necesaria para adquirir a fala. Lenneberg (1967) afirma que a capacidade de adquisición da linguaxe vai parella á madurez do ser humano e co grao único de lateralidade de funcións. A limitación temporal da adquisición da linguaxe vén marcada por dous factores: a inmadurez cerebral e o fin dun estado de plasticidade organizativa que está relacionada coa lateralidade de funcións. Esta hipótese foi posta en dúbida anos máis tarde por considerarse que a lateralidade se completa antes dos 5 anos e pode corresponder á adquisición da L1 e non ser unha barreira para a aprendizaxe da L2 nos adolescentes e adultos.
Eubank, L.; Selinker, L. & Sharwood Smith, M. (eds.) 1995. The Current State of Interlanguage. Amsterdam: John Benjamins.
Felix, S. 1987. Cognition and Growth. Dordrecht: Foris.
Lenneberg, E. 1967. Biological Foundations of Language. New York: Wiley and Sons.
Penfield, W. & Roberts, L. 1959. Speech and Brain Mechanisms. New York: Atheneum Press.