Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Batería de probas

Definición:

Conxunto de probas ou exames aplicados a un alumno ou a un grupo de alumnos para avaliar o seu nivel de coñecementos con respecto a un punto ou aspecto concreto da gramática da segunda lingua. Por exemplo, para avaliar os coñecementos sobre a formación do pasado en inglés ou o passé composé en francés poderíase utilizar a seguinte batería de probas: un exame con preguntas de elección múltiple e de encher ocos en branco, unha composición sobre un acontecemento pasado e un ditado. A utilización dunha batería de probas adoita incrementar a validez do conxunto da proba, así como o seu poder discriminatorio.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Batería de pruebas
Inglés: 
Test battery
Francés: 
Batterie de tests
Alemán: 
Testbatterie
Italiano: 
Batteria di test
Polaco: 
Bateria testów
Portugués: 
Bateria de testes
Ruso: 
Курс тестирования
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/bateria-probas, con data de acceso 16/01/2025).