Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén denominada proba close ou cloze.
técnica utilizada para preparar e avaliar de forma sinxela a comprensión escrita dun estudante por medio dun exercicio no que se eliminan as palabras dunha pasaxe a intervalos regulares, deixando espazos en branco. Normalmente elimínase unha palabra de cada cinco ou seis, comezando desde un lugar ao chou no texto. As probas que utilizan esta técnica presentan diferentes formatos:
- método da palabra exacta, no que o estudante ha de proporcionar a mesma palabra que foi suprimida do texto orixinal;
- método da palabra aceptable, no que o que se pide é unha palabra apropiada no contexto da pasaxe de lectura.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Oller, J. 1979. Language Tests at School. London: Longman.