Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método de examinar enchendo ocos coa palabra axeitada

Definición:

En exames e avaliación, forma utilizada para preparar e corrixir exames nos que se lle pide ao alumno que utilice unha palabra aceptable nos ocos que contén a proba. Para saber que palabras son as máis axeitadas preséntase o exame a varios falantes nativos, e as respostas ordénanse conforme á súa frecuencia. Así, o estudante que responde cunha palabra de frecuencia alta obterá unha maior puntuación nesa pregunta que outro que encha o oco con outra palabra de frecuencia máis baixa.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Baker, D. 1989. Language Testing: A Critical Survey and Practical Guide. London: Edward Arnold.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método de examinar rellenando huecos con la palabra adecuada
Inglés: 
Clozentropy
Francés: 
Clozentropie
Alemán: 
Testverfahren mit Clozetests
Italiano: 
Metodo basato sul cloze
Polaco: 
Klozentropia
Portugués: 
Procedimento cloze
Ruso: 
Техника Клоуз-тест
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-examinar-enchendo-ocos-palabra-axeitada, con data de acceso 10/12/2024).