Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade en pirámide

Definición:

Tipo especial de actividade oral de discusión en grupo. Os estudantes comezan a traballar individualmente nunha tarefa e despois pasan a intercambiar ideas en parellas. Unha vez que chegaron a uns acordos mínimos sobre a tarefa, as parellas únense para debater en grupos de catro, logo de oito, e así sucesivamente ata que se produce unha discusión entre todos os membros da clase. Con iso conséguese un maior grao de implicación, dado que os estudantes deben contrastar as súas opinións cos membros doutros grupos antes de chegar a uns acordos mínimos.

Un exemplo de discusión en grupo sería o xogo “Ir de vacacións”. Cada alumno escribe unha lista de dez cousas que levaría de vacacións a un lugar determinado. Todos teñen que pensar no mesmo destino. Logo de rematar cadansúa lista, os estudantes agrúpanse en parellas para comparar o que escribiron e para chegar a un consenso sobre os obxectos máis adecuados. A parella discute e confecciona unha nova listaxe. Logo de chegar a un acordo, únense a outra parella para chegar a outro consenso e así ata que formen un grupo grande e un acordo xeral entre todos.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Jordan, R. R. 1990. “Pyramid discussions”. English Language Teaching Journal 44: 46-54.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad en pirámide
Inglés: 
Pyramid activity
Francés: 
Activité en pyramide
Alemán: 
Aktivität in Pyramidenform
Italiano: 
Attività piramidale
Polaco: 
Ćwiczenie w formie piramidy
Portugués: 
Atividade piramidal
Ruso: 
Упражнение-Пирамида
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-piramide, con data de acceso 19/04/2024).