Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade de consenso

Definición:

Neste tipo de actividades, semellantes ás de resolución de problemas, o profesor expón unha situación na que é preciso tomar unha decisión. Mediante a negociación, os alumnos teñen que chegar a un acordo que satisfaga á maioría. A modo de exemplo, podemos considerar a seguinte actividade:

Perdidos no deserto. O profesor pide aos discentes que imaxinen unha situación na que sofren un accidente de avión e caen no deserto. Están perdidos á espera de que cheguen a rescatalos. Reciben información sobre o lugar, a temperatura e a equipaxe da que dispoñen. Ademais, teñen unha lista de obxectos que lles axudarán a sobrevivir e outros que non lles servirán de moito nesas condicións. Os estudantes agrúpanse en parellas e despois, en grupos cada vez maiores, teñen que decidir cales son os obxectos que consideran máis importantes. A lista pode incluír os utensilios seguintes: un coitelo, unha lanterna con pilas, un paracaídas, un mapa da zona, un impermeable de plástico, un compás, un libro titulado Animais comestibles do deserto, un abrigo para cada persoa, lentes de sol, un espello pequeno, un litro de auga para cada persoa e unha botella de vodka.

Os alumnos teñen que chegar a un consenso, posto que algunhas respostas son máis axeitadas que outras. Hai obxectos que serían perigosos e outros que serían totalmente inútiles. Ao finalizar a actividade realízase unha avaliación da mesma na que o profesor explica que obxectos serían máis necesarios e por que.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Klippel, F. 1991. Keep Talking. Communicative Fluency Activities for Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press. 8th print.

Littlewood, W. 1981. Communicative Language Teaching: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una versión traducida al español del año 1996 en la misma editorial).

Ur, P. 1981. Discussions that Work: Task-Centred Fluency Practice. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad de consenso
Inglés: 
Consensus activity
Francés: 
Activité consensuelle
Alemán: 
Aktivität der Konsensbildung
Italiano: 
Attività di consenso
Portugués: 
Atividade de consenso
Ruso: 
Упражнение на формирование консенсуса
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-consenso, con data de acceso 26/04/2024).