Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Actividade docente preparatoria

Definición:

Ensino dunha serie de contidos coidadosamente escollidos polo docente antes da realización dunha actividade concreta por parte do discente, de tal xeito que este último non atope excesivas dificultades no desenvolvemento da actividade. Por exemplo, no ensino de linguas é habitual a explicación previa do significado de certas palabras que o profesor prevé que poderían causar problemas ao alumno cando este se dispoña a facer un exercicio de comprensión oral ou de lectura. Un caso ilustrativo podería consistir en introducir nunha clase de alemán un comentario explicativo sobre Wiederverwertung (reciclaxe”) antes da lectura dun texto que se centra neste tema. O profesor explicaría que a reciclaxe é a recollida de algo que xa foi utilizado e implica o seu posterior tratamento para poder volver usalo. A continuación, poderíase preguntar aos alumnos que tipo de materiais se reciclan (botellas, papel, plástico, pilas, metal, etc.). Despois os alumnos len o texto sobre o tema que se abordou previamente e dan contestación a preguntas de comprensión.

Bibliografía: 

Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.

Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Actividad docente preparatoria
Inglés: 
Pre-Teaching
Francés: 
Pré-enseignement
Alemán: 
Vorentlastung
Italiano: 
Attività docente preparatoria
Polaco: 
Ćwiczenie wstępne
Portugués: 
Pré-atividade
Ruso: 
Подготовка к преподаванию
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/actividade-docente-preparatoria, con data de acceso 07/12/2024).