Dillon, J. T. 1994. Using Discussion in Classrooms. Buckingham: Oxford University Press.
actividade oral que presenta as seguintes características:
- reúnese un número reducido de estudantes (entre catro e oito);
- estes elixen ou se lles presenta un tema ou problema común, así como unha meta ou obxectivo;
- como tarefa, os estudantes han de intercambiar e avaliar a información ou as ideas xurdidas acerca do devandito tema; e, finalmente,
- o papel do profesor é o de ir de grupo en grupo, ofrecendo axuda, resolvendo dúbidas, corrixindo erros, etc.
Ao utilizar esta forma de agrupamento na clase de lingua, increméntase o número de estudantes que poden falar ao mesmo tempo. Ademais, aqueles estudantes normalmente remisos a falar diante de toda a clase teñen a oportunidade de utilizar a lingua para comunicarse cos seus compañeiros. De feito, durante as discusións en grupo os estudantes ensínanse e aprenden uns doutros mentres traballan cooperando entre si.
A discusión en grupos máis grandes (máis de sete ou oito) pode carrexar algúns problemas na estrutura organizativa da clase, xa que diminúe o nivel de participación de cada estudante e é máis fácil que a organización do grupo se resinta.
Velaquí unha serie de exemplos de discusións en grupo que poden presentarse como un xogo:
- Usos dun obxecto. A cada grupo de estudantes preséntaselle un obxecto, e han de utilizar a imaxinación para atoparlle distintos usos.
- Combinación de elementos para formar unha historia. A cada grupo dáselle tres ou catro elementos (obxectos, persoas, conceptos abstractos, ou combinacións deles), e pídeselles que inventen unha historia coherente.
- A favor ou en contra. Proporciónaselles aos estudantes unha lista de afirmacións tallantes, sen matices; despois, cada grupo decide se está a favor ou en contra, e só pode formular argumentos que sosteñan o seu punto de vista. Ao final faise unha síntese con toda a clase.
- Interpretación de debuxos ou fotografías. Os estudantes han de analizar un debuxo ou fotografía, e a partir de aí atoparlle distintos significados e inventarse unha historia que explique o que ocorreu antes e o que vai ocorrer despois.
Golebiowska, A. & Wingate, J. 1990. Getting Students to Talk: A Resource Book for Teachers with Role-Plays, Simulations and Discussions. New York; London: Prentice Hall.
Ur, P. 1981. Discussions that Work: Task-Centred Fluency Practice. Cambridge: Cambridge University Press.