Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Transferencia sociolingüística

Definición:

Emprego de pautas de uso propias do grupo cultural ou da comunidade de fala á que un falante pertence na comunicación con membros dun grupo ou comunidade diferente. Esta situación pode ter lugar cando algún (ou varios) dos participantes nunha interacción emprega unha segunda lingua ao tempo que mantén as estratexias comunicativas características da súa lingua materna, ou pode producirse tamén en interaccións entre individuos que, aínda compartindo a mesma lingua materna pertencen a comunidades de fala distintas, por exemplo, entre falantes de inglés norteamericano e británico. Con frecuencia, a transferencia sociolingüística ten como resultado interpretacións erradas de certos actos de fala. Algúns investigadores citan como exemplo a tendencia dos norteamericanos a facer cumpridos con moita frecuencia, comportamento que adoita ser interpretado por membros doutras culturas como sinal de falta de sinceridade. Noutros casos, máis que a frecuencia coa que se empregan certos actos de fala, é a estrategia elixida para levalos a cabo a que amosa diferenzas entre grupos. Perante un cumprido, por exemplo, (Fixeches un traballo estupendo) existen diversas alternativas de resposta, entre outras as seguintes: agradecelo sen máis (Grazas), reasignar o mérito (Tiven moita axuda), amosar desacordo (Ben, en realidade, hai aspectos bastante mellorables), ou mesmo non responder. A preferencia por unha ou outra pode distinguir aos membros de diferentes grupos e ser motivo de malentendidos en interaccións concretas.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Gass, S. 1992. Language Transfer in Language Learning. Amsterdam: John Benjamins.

Jarvis, S. & Pavlenko, A. 2008. Crosslinguistic Influence in Language and Cognition. New York and London: Routledge.

Odlin, T. 1989. Language Transfer. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Transferencia sociolingüística
Inglés: 
Sociolinguistic transfer
Francés: 
Transfert sociolinguistique
Alemán: 
Soziokultureller Transfer
Italiano: 
Transfer sociolinguistico
Portugués: 
Transferência sociolinguística
Ruso: 
Социолингвистический перенос
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/transferencia-sociolinguistica, con data de acceso 07/12/2024).