Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Inglés como lingua internacional

Definición:

Papel que desempeña o inglés no ámbito internacional como lingua franca para a comunicación na política, os negocios, o intercambio científico, etc., e como segunda lingua para moitos falantes doutras linguas en países de todo o mundo. Neste sentido, está relacionado co inglés como segunda lingua / lingua estranxeira e co inglés para fins específicos, xa que o inglés empregado en contextos internacionais adoita impartirse como lingua estranxeira a adultos que necesitan dominar un idioma común para poder comunicarse con falantes doutras linguas diferentes da súa co fin de intercambiar información, ideas, opinións ou coñecementos acerca de temas específicos (ciencia, tecnoloxía, literatura, dereito, arte, política, comercio, negocios, etc.). As dúas variedades principais do inglés estándar empregadas como modelo no ensino adoitan ser o inglés británico, con unha gramáticavocabulario e pronuncia específicos, e o inglés americano, aínda que non se pode falar dunha soa variedade do inglés como lingua internacional, xa que nos distintos casos a variedade dialectal resultante cambiará segundo a lingua materna de cada falante en cada momento. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Crystal, D. 1997. English as a Global Language. Cambridge: Cambridge University Press.

Holmes, P. & Dervin, F. 2016. The Cultural and Intercultural Dimensions of English as a Lingua Franca. Clevedon: Multilingual Matters

Strevens, P. 1980. Teaching English as an International Language: From Practice to Principle. Oxford: Pergamon Press.

Trudgill, P. & Hannah., J. 1994. International English: A Guide to Varieties of Standard English. London: Edward Arnold.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Inglés como lengua internacional
Inglés: 
English as an international language
Francés: 
Anglais comme langue internationale
Alemán: 
Englisch als Weltsprache
Italiano: 
Inglese come lingua internazionale
Polaco: 
Angielski jako język międzynarodowy
Portugués: 
Inglês como língua internacional
Ruso: 
Английский как язык международного общения
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/ingles-como-lingua-internacional, con data de acceso 10/12/2024).