Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

MLAT

Definición:

Abreviatura do inglés equivalente a Modern Language Aptitude Test, é dicir, Exame ou proba de aptitude en lingua moderna. Trátase dunha proba deseñada por Carroll e Sapon en 1959, consistente en diversos módulos para medir distintas destrezas ou habilidades:

  1. percibir e memorizar novos sons;
  2. identificar patróns sintácticos nunha lingua nova;
  3. deducir similitudes e diferenzas na forma e no significado; e
  4. asociar os sons con símbolos escritos.

Nun principio esta proba foi concibida como un medio para agrupar ou clasificar as persoas que solicitaban realizar algún curso de linguas estranxeiras no Foreign Service Institute (“Instituto de servizo estranxeiro”) dos Estados Unidos. Este test existe en tres formatos: completo, reducido e básico. Este último, o básico, foi deseñado para facilitarlles aos rapaces o agrupamento no nivel axeitado no Programa da Lingua Estranxeira no Ensino Básico (Foreign Language in the Elementary School Programme, ou FLES). Ademais das probas en inglés, tamén se teñen feito versións en francés, italiano e xaponés.

Este exame non inclúe ningunha sección específica para avaliar a competencia oral dunha lingua; isto sería importante na avaliación daqueles estudantes que aprenden a través do enfoque comunicativo. De feito, segundo as investigacións de Carrol (1981), o emprego deste tipo de proba non prediciría a aptitude lingüística.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Carroll, J. B. & Sapon, S. 1959. Modern Language Aptitude Test-Form A. New York: The Psychological Corporation.

Carroll, J. B. 1981. "Twenty-five Years of Research on Foreign Language Aptitude", in Diller, K. (ed.). Individual Differences and Universals in Language Learning Aptitude. Rowley, Mass.: Newbury House, pp. 83-118.

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Ruso: 
Тест на знание современного языка
Entrada anterior / seguinte:
MLA
MLU >

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/mlat, con data de acceso 06/12/2024).