Clark, U. 1996. An Introduction to Stylistics. Cheltenham: Stanley Thornes.
Estudo do estilo. Así como o concepto de estilo pode tratarse desde distintas perspectivas, o mesmo ocorre coa noción de estilística. De acordo con Wales (1989), a estilística no século XX vén ocupar o lugar que anteriormente tivera a elocutio na disciplina retórica. O obxectivo da meirande parte dos estudos estilísticos non é simplemente a descrición dos aspectos formais do texto, senón a explicación do seu significado funcional co fin de conseguir unha interpretación do elemento textual. A estilística mostra unha natureza ecléctica xa que se apoia en modelos e termos tomados doutras áreas e paradigmas da lingüística como a gramática, a análise do discurso, a pragmática, e ata, en ocasións, da propia crítica literaria.
O termo estilística xeral é utilizado frecuentemente como etiqueta xenérica para referirse a variedades da lingua que non teñen un carácter literario. Por esta razón vincúlase cos estudos de sociolingüística. De aí xurdiu o termo socioestilística, que se ocupa da linguaxe utilizada por grupos de escritores entendidos como grupos sociais.
Esser, J. 1993. English Linguistic Stylistics. Tübingen: Max Niemeyer Verlag.
Haynes, J. 1992. Introducing Stylistics. London: Routledge and Kegan Paul.
Wales, K. 1989. A Dictionary of Stylistics. Harlow: Longman.
Widdowson, H. G. 1974.”Stylistics”, in Allen, J. P. B. & Corder, S. P., (eds.), 1974, pp. 202-230.