Crystal, D. & Derek, D. 1988. Investigating English Style. New York: Longman. 11th edition.
Na análise de textos literarios o termo estilo adoita referirse ao conxunto de trazos que distinguen a obra dun determinado autor ou dun período concreto.
Na análise de textos literarios o termo estilo adoita referirse ao conxunto de trazos que distinguen a obra dun determinado autor ou dun período concreto.
Crystal, D. & Derek, D. 1988. Investigating English Style. New York: Longman. 11th edition.
Nos estudos de variación lingüística, baseados nas propostas do sociolingüista norteamericano William Labov, é o grao de atención que un individuo presta á súa propia fala nun momento dado. Enténdese que o grao de atención adoita variar en función de factores situacionais tales como o tema de conversa, a relación co interlocutor, o lugar, etc. Neste modelo de análise os distintos estilos identificados son puntos dun continuo unidimensional de formalidade que se diferencian entre si pola distinta frecuencia de determinados trazos lingüísticos variables, xeralmente morfolóxicos ou fonolóxicos. Así, por exemplo, na cidade de Nova York, ademais de por outros trazos, o estilo de fala máis formal distínguese dos menos formais por unha maior proporción de pronuncias de palabras como car, far, etc., con [r] final, que é a variante prestixiosa, fronte á ausencia deste segmento.
Labov, W. 1972. Sociolinguistic Patterns. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.
Algúns especialistas empregan o termo estilo como equivalente de rexistro 1.
Halliday, M. A. K. 1994. An Introduction to Functional Grammar. London: Edward Arnold. 2nd edition.