Escandell, M. V. 1996. Introducción a la pragmática. Barcelona: Ariel.
Estudo da relación entre a forma e o significado dos enunciados e o contexto no que se empregan. Con frecuencia enténdese como un área de estudo complementaria da semántica e ocúpase dunha gran diversidade de aspectos da comunicación como a deíxe (emprego de elementos como pronomes persoais, demostrativos, adverbios de lugar e tempo, etc., cuxa interpretación presupón a referencia a algúns compoñentes da situación na que son empregados), os actos de fala, a expresión da cortesía, a presuposición, etc.
Entradas relacionadas:
Bibliografía:
Levinson, S. 1983. Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press.
Yule, G. 1996. Pragmatics. Oxford: Oxford University Press.