Levinson, S. 1983. Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press.
En pragmática emprégase este termo con referencia a aquela proposición que o falante acepta como certa de forma implícita ao emitir un enunciado. Por exemplo, ao dicir Xoán sae coa irmá de Paulo, o falante asume implicitamente que Xoán e Paulo existen, e que este último ten unha irmá. Unha das propiedades das presuposicións é que a súa validez mantense constante ao negar o enunciado: Xoán non sae coa irmá de Pedro. O caso ilustrado con este exemplo denomínase presuposición existencial, pero existen outras formas de presuposición. Certas palabras, frases ou estruturas sintácticas como as empregadas nos seguintes exemplos requiren tamén unha interpretación con presuposicións: Lamento que suspendera (>Suspendeu); Perdeu o carné outra vez (>Perdera o carné antes): Finxiu que non nos sentira (>Sentiunos): Cando mudou de casa? (>Mudou de casa).
Yule, G. 1996. Pragmatics. Oxford: Oxford University Press.