Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.
Tamén chamada estatística indutiva, inferencia estatística ou teoría de mostras.
Abrangue un conxunto de procedementos estatísticos que se utilizan para facer xeneralizacións sobre unha poboación a partir dos datos obtidos dunha mostra. Baséase no cálculo de probabilidades, e a súa importancia reside no feito de que ao investigador lle interesa ir máis aló da descrición dos datos que posúe e pescudar con que grao de fiabilidade pode extrapolar as súas conclusións para aplicalas a outras mostras ou á poboación total. As diferenzas observadas e observables entre conxuntos de datos poden conducir á elaboración e validación de hipóteses, que constitúen así mesmo unha parte importante da estatística inferencial.
Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.