Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Validez de resposta

Definición:

Grao de validez dunha proba que se basea en recoller relatos de estudantes / candidatos sobre o seu comportamento e os seus pensamentos durante o proceso de realización dun exame. Normalmente, en canto os candidatos rematan unha proba fáiselles unha entrevista sobre as razóns polas que deron as respostas que deron. A investigación amosa aspectos moi interesantes referentes á actuación nunha proba a través de estas narracións. Por exemplo, a introspección durante unha proba de encher ocos amosará se o estudante responde a unha pregunta concreta empregando as destrezas de lectura que pretende medir o redactor da proba ou se, pola contra, o que pon en práctica é algún tipo de coñecemento da estrutura gramatical da oración na que aparece o oco. De igual xeito, a introspección durante unha tarefa de lectura pode poñer ao descuberto puntos débiles das preguntas; por exemplo, casos nos que os candidatos á proba responden a unha pregunta de forma incorrecta mesmo comprendendo o sentido global do texto.

Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Henning, G. 1987. A Guide to English Language Testing. Cambridge, Mass.: Newbury House.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Validez de respuesta
Inglés: 
Answer validity
Francés: 
Validité de la réponse
Alemán: 
Antwort-Validität
Italiano: 
Validità di risposta
Portugués: 
Validade da resposta
Ruso: 
Достоверность ответа
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/validez-resposta, con data de acceso 10/12/2024).