Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Introspección

Definición:

Proceso cognitivo mediante o cal o suxeito reflexiona de forma consciente sobre as decisións e estratexias que utiliza cando está realizando unha tarefa. Estas decisións e estratexias poden comunicarse oralmente por medio dun informe verbal. Cando a reflexión se realiza a posteriori, isto é, unha vez finalizada a tarefa, o proceso coñécese como retrospección. Este tipo de investigación contrasta coa investigación de tipo naturalista que se realiza en contextos reais e na cal os métodos de recollida de datos implican a observación

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Larsen-Freeman, D. & Long, M. 1991. An Introduction to Second Language Acquisition Research. London; New York: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Introspección
Inglés: 
Introspection
Francés: 
Introspection
Alemán: 
Introspektion
Italiano: 
Introspezione
Polaco: 
Introspekcja
Portugués: 
Introspeção
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/introspeccion, con data de acceso 19/03/2024).