Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Intervalo

Definición:

En estatística, denomínase intervalo ou intervalo de clase a cada unha das partes nas que se pode subdividir o percorrido dunha variable. Por exemplo, o percorrido da variable das cualificacións dun exame (puntuado de 0 a 10) pódese dividir nos intervalos seguintes: de 0 a 4 inclusive (suspenso), de 5 a 6 inclusive (aprobado), de 7 a 8 inclusive (notable), e de 9 a 10 inclusive (sobresaliente). Unha distribución da frecuencia desas puntuacións nun grupo de 100 alumnos podería ser:



Intervalo

Frecuencias (alumnos)

0-4

30

5-6

42

7-8

18

9-10

10

100

Os intervalos poden ser da mesma ou de distinta amplitude, é dicir, que a diferenza entre os seus límites superiores e inferiores pode ser igual ou non (no exemplo anterior, as amplitudes son: 4, 2, 2 e 2). A marca de clase é o punto medio de cada intervalo (neste caso: 2; 5,5; 7,5 e 9,5). O intervalo adóitase utilizar cando o número de valores distintos que pode adoptar unha variable é moi elevado, de modo que se recorre á agrupación deses valores para simplificar os cálculos.

Bibliografía: 

Eddington, D. 2015. Statistics for Linguists: a Step-by-Step Guide for Novices. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Nortes Checa, A. 1991. Estadística teórica y aplicada. Barcelona: DM/PPU.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Intervalo
Inglés: 
Interval
Francés: 
Intervalle
Alemán: 
Intervall
Italiano: 
Intervallo
Polaco: 
Interwał
Portugués: 
Intervalo
Ruso: 
Интервал
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/intervalo, con data de acceso 11/09/2024).