Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Validez concorrente

Definición:

Grao no que os resultados dun exame son ou non semellantes aos doutro realizado máis ou menos ao mesmo tempo cos mesmos estudantes, e que ten unha validez que xa foi establecida mediante criterios independentes. Esta outra medida pode ser resultado dunha versión paralela da mesma proba, ou da autoavaliación dos candidatos sobre as súas habilidades lingüísticas, ou ben froito das puntuacións outorgadas polos docentes. Por exemplo, un profesor pode querer comprobar a validez dunha proba de lectura comparando os resultados obtidos polos estudantes cos de outra proba similar que ten unha validez xa establecida de antemán. O coeficiente de correlación resultante entre os dous exames aportaría a medida de validez concorrente da proba. A validez concorrente é un tipo de validez en relación cun criterio.

Bibliografía: 

Alderson, J. C., Clapham, C. & Wall, D. 1995. Language Test Construction and Evaluation. Cambridge: Cambridge University Press. (También existe una traducción al español en la misma editorial publicada en Madrid, 1998).

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Oller, J. 1979. Language Tests at School. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Validez concurrente
Inglés: 
Concurrent validity
Francés: 
Validité concurrente
Alemán: 
Übereinstimmungsvalidität
Italiano: 
Validità simultanea
Portugués: 
Validade concorrente
Ruso: 
Совокупная достоверность
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/validez-concorrente, con data de acceso 07/12/2024).