Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Validez en relación cun criterio

Definición:

Tamén denominada validez de criterio ou validez externa.

Tipo de validez na que se compara ou relaciona os resultados obtidos por un grupo de estudantes nun exame con outros criterios para medir as súas capacidades, normalmente unha proba que xa foi validada de xeito externo. Basicamente, son dous os tipos de validez en relación cun criterio: a validez concorrente e a validez preditiva.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Validez en relación con un criterio
Inglés: 
Criterion-related validity
Francés: 
Validité en relation avec un critère
Alemán: 
Kriteriumsbezogene Validität
Italiano: 
Validità basata su un criterio
Portugués: 
Validade criterial
Ruso: 
Достоверность основанная на критерии
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/validez-relacion-cun-criterio, con data de acceso 06/12/2024).