Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Triangulación

Definición:

En investigación cualitativa, procedemento de comparación e contraste de datos que proveñen de diferentes ángulos co fin de validar ou apoiar unha interpretación, ou clarificar os seus diferentes significados. Un exemplo de triangulación na aula consistiría en recoller datos (mediante observación e entrevista) desde tres perspectivas: a do docente, a do discente ou discentes, e a dunha terceira parte neutral, por exemplo, un observador. Dependendo do elemento da investigación que se analice, adóitase falar de catro tipos de triangulación:

  1. Triangulación dos datos. Consiste en comprobar se a interpretación do fenómeno será a mesma en outras circunstancias (por exemplo, en distintos lugares ou en momentos diferentes).
  2. Triangulación do investigador. Lévase a cabo recorrendo a outros investigadores para que analicen a mesma situación co fin de comparar posteriormente as interpretacións.
  3. Triangulación da teoría. Revísanse as opinións doutros observadores ou investigadores que contemplen o mesmo fenómeno desde perspectivas teóricas alternativas.
  4. Triangulación do método. Consiste en empregar varios métodos para analizar un fenómeno, por exemplo, unha entrevista, unha proba escrita, e a observación directa rexistrada en notas de campo.

Cando se combinan varios dos tipos de triangulación mencionados, o resultado denomínase triangulación múltiple.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Allwright, D. & Bailey, K. M. 1991. Focus on the Language Classroom: An Introduction to Classroom Research for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Brown, J. D. & Rodgers, T. 2000. Doing Second Language Research. Oxford: Oxford University Press.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.

Stake, R. E. 1995. The Art of Case Study Research. Thousand Oaks, CA: Sage Publications.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Triangulación
Inglés: 
Triangulation
Francés: 
Triangulation
Alemán: 
Triangulierung
Italiano: 
Triangolazione
Portugués: 
Triangulação
Ruso: 
Триангуляция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/triangulacion, con data de acceso 27/04/2024).