Appel, R. & Muysken, P. 1987. Language Contact and Bilingualism. London: Edward Arnold.
Emprégase este termo para denominar a aquel individuo que fala dúas linguas pero posúe en ámbalas dúas unha competencia menos desenvolvida que a dos falantes nativos monolingües. As análises das formas lingüísticas empregadas polos semilingües adoitan amosar, por exemplo, unha certa tendencia a simplificar morfoloxicamente ámbalas dúas linguas, aplicando regras xerais sen excepcións, e a empregar un vocabulario máis limitado que os monolingües. Para algúns investigadores isto está motivado polo feito de que os nenos de grupos minoritarios son obrigados a aprender unha segunda lingua na escola ao mesmo tempo que se descoida a súa lingua familiar.
Hinnenkamp, V. 2005. "Semilingualism, Double monolingualismand blurred genres. On (not) speaking a legitimate language". JSSE-Journal of Social Science Education 4/1: 57-90.