Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.
Tamén chamada puntuación típica.
En exames e estatística, é un tipo de puntuación derivada por medio do cal se poden presentar ou comparar nunha escala común unha serie de valores ou puntuacións procedentes de diferentes medicións. Pode utilizarse para expresar a puntuación dun estudante en termos de desviación estándar, é dicir, para indicar canto se afasta da media a devandita puntuación. As puntuacións estándar máis utilizadas son a puntuación T e a puntuación Z.
Unha puntuación estándar que se transforma nunha distribución normal mediante algún procedemento estatístico recibe o nome de puntuación estándar normalizada. Por exemplo, unha xerarquización de percentís constituirá unha puntuación estándar normalizada.
Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.