Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Puntuación T

Definición:

Tipo de puntuación estándar na que se transforma unha puntuación Z co fin de facilitar a súa interpretación, xa que esta última adoita ser un valor pequeno positivo ou negativo (+1, -0,5 etc.). Obtense multiplicando a puntuación Z por 10 e sumándolle 50. Por exemplo, a puntuación T dun estudante cuxa puntuación Z é -0,5 será 10 (-0,5) 50 = -5+50 = 45. Dado que a media dunha distribución de puntuacións T é sempre 50 e a súa desviación estándar é 10, no exemplo anterior a puntuación do estudante atoparíase por baixo da media.

Exemplos: 

A puntuación T dun estudante cuxa puntuación Z é -0,5 será 10 (-0,5) 50 = -5+50 = 45.

Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Puntuación T
Inglés: 
T-score
Francés: 
Note T
Alemán: 
T-Wert
Italiano: 
Punteggio T
Portugués: 
Pontuação T
Ruso: 
Т-счет (оценка)
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/puntuacion-t, con data de acceso 07/12/2024).