Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Perfil

Definición:

En exames e estatística, representación gráfica das puntuacións ou variables dun individuo ou grupo nun conxunto de probas ou medicións, co propósito de comparalas. Por exemplo, se se dispoñen nun gráfico as puntuacións dun estudante nunha serie de probas (lectura, composición, comprensión oral, etc.), poderanse comparar os resultados e obter un panorama xeral do grao de desenvolvemento das distintas destrezas lingüísticas. Poderíase determinar, por exemplo, que o devandito estudante posúe un bo nivel de comprensión escrita, aínda que necesita mellorar en comprensión oral. Unha análise de datos que permite identificar os perfís dun individuo ou grupo con respecto a un conxunto de variables recibe o nome de análise de perfís.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Lado, R. 1972. Language Testing. The Construction and Use of Foreign Language Tests. London: Longman. 7th impression.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Perfil
Inglés: 
Profile
Francés: 
Profil
Alemán: 
Profil
Italiano: 
Profilo
Polaco: 
Profil
Portugués: 
Perfil
Ruso: 
Профиль
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/perfil, con data de acceso 06/12/2024).