Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Paradoxo do observador

Definición:

Expresión empregada polo lingüista estadounidense William Labov, pioneiro no ámbito da sociolingüística, para referirse a un dos problemas fundamentais da investigación nesta disciplina, derivado dun conflito inevitable entre os obxectivos que se perseguen e as implicacións dos métodos de recollida de datos empregados. Podemos resumir a súa formulación do modo seguinte: os datos máis valiosos para a análise sociolingüística son os correspondentes aos estilos máis espontáneos (o vernáculo), que unicamente xorden cando os falantes non se senten observados; con todo, e niso radica o paradoxo, o único medio que pode empregar o sociolingüista para recoller estes datos é a observación sistemática. O recoñecemento deste efecto do investigador sobre os seus datos deu lugar ao desenvolvemento de protocolos de entrevista e técnicas de recollida de datos que, aínda que non garanten o acceso ás formas xenuinamente vernáculas, si permiten unha aproximación controlada e progresiva a ese estilo de fala.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Chambers, J. K. 1995. Sociolinguistic Theory. Oxford: Basil Blackwell.

Milroy, L. 1987. Observing and Analysing Natural Language. Oxford: Blackwell.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Paradoja del observador
Inglés: 
The observer's paradox
Francés: 
Paradoxe de l'observateur
Alemán: 
Beobachterparadox
Italiano: 
Paradosso dell'osservatore
Polaco: 
Paradoks obserwatora
Portugués: 
Paradoxo do observador
Ruso: 
Парадокс наблюдателя
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/paradoxo-observador, con data de acceso 15/09/2024).