Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Informante

Definición:

Persoa que facilita ao investigador a información que precisa para a súa análise, por exemplo, por medio dunha entrevista na que se grava o que o informante di, ou a través dun cuestionario ou enquisa onde este responde a diversas preguntas sobre o seu uso persoal da linguaxe. Os informantes son especialmente útiles nos estudos baseados en enquisas, que analizan as características, opinións ou actitudes dos membros dun grupo. Este tipo de investigacións permite recoller bastantes datos en pouco tempo, aínda que presenta o inconveniente de que o número de suxeitos adoita ser limitado (por exemplo, cando o investigador necesita realizar entrevistas individuais). Un tipo especial de informantes son os chamados informantes clave, que proporcionan ao investigador datos sobre un fenómeno ao que este non ten acceso, ou ben explicacións sobre acontecementos dos que si foi testemuña. Os informantes clave selecciónanse coidadosamente, xa que son utilizados como principal fonte de información; en ocasións é necesario darlles instrucións precisas, polo que ao recorrer a eles hai que ter en conta que os seus puntos de vista non serán imparciais. Isto ha de especificarse nas notas de campo e advertirse ao comezo do informe da investigación. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Hitchcock, G. & Huges, D. 1989. Research and the Teacher: A Qualitative Introduction to School-Based Research. London: Routledge and Kegan Paul.

Patton, M. Q. 1990. Qualitative Evaluation and Research Methods. Thousand Oaks, CA: Sage Publications. 2nd edition.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Informante
Inglés: 
Informant
Francés: 
Informateur
Alemán: 
Informant
Italiano: 
Informatore
Polaco: 
Informator
Portugués: 
Informador
Ruso: 
Информатор
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/informante, con data de acceso 14/09/2024).