Cummins, R. 1989. Meaning and Mental Representation. Cambridge, Mass.: The MIT Press.
hipótese inicialmente proposta por Cummins (1989), segundo a cal o nivel soleira é o nivel mínimo de dominio lingüístico que un aprendiz debe acadar para poder utilizar e sacar partido desa lingua no contexto da aula, xa que obter o nivel soleira permite ao alumno ser máis independente respecto do profesor. Unha vez alcanzado este nivel, o proceso de aprendizaxe configúrase de forma máis eficaz e independente. Cummins relaciona esta hipótese coa da interdependencia de desenvolvemento; segundo esta, o nivel de aptitude lingüística que o aprendiz posúa na primeira lingua cando comeza a aprender outra condiciona o desenvolvemento da súa aptitude lingüística na segunda lingua.
Entradas relacionadas:
Bibliografía: