Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Extraverxencia

Definición:

Dentro da teoría da acomodación, que ten en conta as actitudes dos falantes cara aos seus interlocutores, os falantes poden recorrer á converxencia ou á diverxencia. A primeira consiste na adaptación á fala do interlocutor. A diverxencia é o proceso contrario, é dicir, o afastamento da fala do interlocutor. A extraverxencia refírese a aqueles casos de variación lingüística que non son explicables como efecto de ningún destes dous procesos. Exemplos disto poderían ser a variación sistemática en función do contexto lingüístico ou as pautas de variación características da interlinguaxe, que son xeradas polo propio proceso de adquisición ou pola utilización de estratexias de comunicación. 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Ellis, R. 1994. The Study of Second Language Acquisition. Oxford: Oxford University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Extravergencia
Inglés: 
Extravergence
Francés: 
Extravergence
Alemán: 
Extravergenz
Italiano: 
Extravergenza
Portugués: 
Extravergência
Ruso: 
Экстравергенция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/extraverxencia, con data de acceso 04/10/2024).