Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Facilidade da pregunta

Definición:

Técnica empregada na análise de preguntas mediante a que se calcula a proporción do alumnado que responde correctamente a cada unha das preguntas dun exame. Calcúlase nunha escala do cero ao un, aínda que ás veces pode expresarse en forma de porcentaxe. Por exemplo, se nun grupo de 60 examinandos, 43 responden correctamente a unha pregunta, o índice de facilidade da pregunta é 43/60=0,72. Este índice pode resultar de utilidade, por exemplo, para decidir a orde de preguntas nun exame.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Baker, D. 1989. Language Testing: A Critical Survey and Practical Guide. London: Edward Arnold.

Fulcher, G. 2010. Practical Language Testing. London: Hodder Education.

Hughes, A. 1989. Testing for Language Teachers. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Facilidad de la pregunta
Inglés: 
Item facility
Francés: 
Facilité de la question
Alemán: 
Aufgaben-Schwierigkeit
Italiano: 
(Indice di) facilità dei punti
Polaco: 
Trudność zadania/zagadnienia
Portugués: 
Facilidade da questão
Ruso: 
Уровень сложности задания
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/facilidade-pregunta, con data de acceso 18/09/2024).