Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque lingüístico global

Definición:

Aproximación ao ensino da lingua que trata de seguir os principios tanto da adquisición da primeira como da segunda lingua. As actividades de aprendizaxe van do todo á parte, e non ao revés, xa que se trata dun enfoque global. A lingua preséntase en situacións reais e significativas. Como no caso do método integrador, trátase de integrar as destrezas básicas en cada actividade e lección e insístese en que a lingua se aprende por medio da interacción social; por iso, o alumnado ha de traballar en parellas ou en grupos, e non individualmente. ⇒ método integrador.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Freeman, S. & Freeman, D. E. 1989. “Whole Language Approaches to Writing with Secondary Students of English as a Second Language”, in Johnson, D. & Roen, D. (eds.). Richness in Writing: Empowering ESL Students. New York: Longman, pp. 177-193.

Grabe, W. & Kaplan, R. B. 1996. Theory and Practice of Writing. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque lingüístico global
Inglés: 
Whole language approach
Francés: 
Approche linguistique globale
Alemán: 
Globaler Ansatz
Italiano: 
Approccio linguistico globale
Polaco: 
Podejście globalne
Portugués: 
Abordagem linguística global
Ruso: 
Глобальный подход
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-linguistico-global, con data de acceso 25/04/2024).