Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque humanístico

Definición:

enfoque do ensino de linguas que nace nos anos 50 do século pasado a partir dos postulados do psicólogo Carl Rogers e que presta especial atención ao dominio afectivo da aprendizaxe. O docente ten que esforzarse por establecer unha relación interpersoal co discente, axudarlle a ser él mesmo, aceptarse como é e crear un clima de confianza e atención mutua. En resumo, o enfoque humanístico aspira a comprometer á persoa como tal, incluídos os seus sentimentos e emocións, ao mesmo tempo que mellora o seu coñecemento lingüístico e a súa actuación. Algúns destes supostos foron logo retomados pola aprendizaxe da lingua en comunidade.

Bibliografía: 

Brown, H. D. 1994. Principles of Language Learning and Teaching. Englewood Cliffs, New York: Prentice-Hall. 3rd edition.

Moskowitz, G. 1978. Caring and Sharing in the Foreign Language Classroom. Rowley, Mass.: Newbury House.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque humanístico
Inglés: 
Humanistic approach
Francés: 
Approche humaniste
Alemán: 
Humanistischer Ansatz
Italiano: 
Approccio umanistico
Polaco: 
Podejście humanistyczne
Portugués: 
Abordagem humanista
Ruso: 
Гуманистический подход
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-humanistico, con data de acceso 28/03/2024).