Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque estrutural

Definición:

Aproximación á lingua e ao seu ensino na que o sistema lingüístico é considerado como un conxunto de elementos relacionados estruturalmente co obxecto de transmitir significados. O fin da aprendizaxe da lingua estriba en acadar o dominio dos elementos de tal sistema: unidades fonolóxicas (por exemplo, fonemas), gramaticais (oracións, enunciados, etc.), operacións gramaticais (unir elementos, transformacións, etc.) e elementos léxicos (palabras gramaticais e estruturais). Algúns dos métodos que tomaron como base este enfoque son o método audiolingüe, a resposta física total e o método do silencio.

Bibliografía: 

Cerezal Sierra, F. 1996. “Foreign Language Teaching Methods”, in McLaren, N. & Madrid, D. (eds.). A Handbook for TEFL. Alcoy: Marfil, pp. 161-186.

Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque estructural
Inglés: 
Structural approach
Francés: 
Approche structurale
Alemán: 
Strukturaler Ansatz
Italiano: 
Approccio strutturale
Polaco: 
Podejście strukturalne
Portugués: 
Abordagem estrutural
Ruso: 
Структурный подход
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-estrutural, con data de acceso 10/12/2024).