Gattegno, C. 1976. The Common Sense of Teaching Foreign Languages. New York: Educational Solutions.
Tamén chamado método silencioso ou vía silenciosa.
método de ensino de segundas linguas ideado por Caleb Gattegno nos anos 60 do século XX. Recolle ideas do enfoque do código cognitivo, que sostén que as persoas utilizan os seus propios procesos mentais para descubrir as regras da lingua que se está a aprender, e non os hábitos adquiridos por imitación. O método toma o seu nome do silencio que ha de gardar a docente fronte ao papel activo que adquire o discente. O profesor utiliza unha serie de xestos, mímica, así como apoios gráficos e visuais aos que debe responder o alumno. É moi característico deste método o uso dunha serie de regretas (en inglés, rods), coñecidas como “regretas Cuisenaire”, de distintas cores e que representan elementos da lingua. Tamén se recorre a cadros de pronuncia denominados fidels. Non se usan explicacións gramaticais. Considérase que o alumno debe ser responsable da súa propia aprendizaxe, e que por iso debe desenvolvelo de forma autónoma.
Larsen-Freeman, D. 1986. Techniques and Principles in Language Teaching. New York: Oxford University Press.
Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
Sánchez Pérez, A. 2009. La enseñanza de idiomas en los últimos 100 años. Métodos y Enfoques. Madrid: SGEL.