Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque modular

Definición:

Tipo de enfoque multidimensional que postula a diversidade lingüística no currículo e na avaliación. En relación co currículo, proponse a introdución de módulos específicos intercurriculares en varias linguas cuxos contidos poidan incluír problemas de tipo intercultural. En canto á avaliación, este modelo interésase por módulos específicos “ad hoc” que se ocupen de cuestións plurilingüísticas e pluriculturais, como a contorna fóra da clase ou os diferentes métodos de aprendizaxe.

Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Galego: 
Enfoque modular
Inglés: 
Modular approach
Francés: 
Approche modulaire
Alemán: 
Modularer Ansatz
Italiano: 
Approccio modulare
Polaco: 
Podejście modularne
Portugués: 
Abordagem modular
Entrada anterior / seguinte:

Cómo citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-modular, con data de acceso 01/12/2020).