Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Enfoque multidimensional

Definición:

Aproximación curricular proposta polo Consello de Europa (2001) no marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación na que se defende a necesidade de distinguir unha serie de etapas e niveis en todas e cada unha das dimensións dunha lingua co fin de poder facer un seguimento do progreso lingüístico dun individuo de forma sincrónica, é dicir, nun momento dado na súa aprendizaxe, así como de xeito diacrónico, isto é, ao longo de diferentes etapas. Esta proposta ten tamén importantes implicacións para o recoñecemento dos distintos niveis desde o punto de vista da avaliación do estudante.

Bibliografía: 

Consejo de Europa. 2001. Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Cambridge: Cambridge University Press. (Existe también una traducción-adaptación española del 2002 por parte del Instituto Cervantes, publicada en Madrid por el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y la editorial Anaya).

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Enfoque multidimensional
Inglés: 
Multidimensional approach
Francés: 
Approche multidimensionnelle
Alemán: 
Multidimensionaler Ansatz
Italiano: 
Approccio multidimensionale
Polaco: 
Podejście wielowymiarowe
Portugués: 
Abordagem multidimensional
Ruso: 
Многомерный подход
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/enfoque-multidimensional, con data de acceso 09/10/2024).