Naiman, N. 1996. The Good Language Learner. Clevedon: Multilingual Matters.
Discente que obtén bos resultados no seu proceso de aprendizaxe. Son alumnos que mostran unha serie de características, entre as que se atopa a preocupación polos trazos e propiedades das formas lingüísticas da segunda lingua e a comunicación, e que aproveitan todo tipo de oportunidades para utilizar a lingua nun contexto natural. Participan de forma activa nas tarefas a realizar, polo que eles mesmos prefiren levar as rendas da súa aprendizaxe en lugar de apoiarse en exceso no docente; asumen tamén responsabilidade no propio proceso de aprendizaxe, tomando decisións e escollendo o seu propio estilo de aprendizaxe, e finalmente, mostran flexibilidade no uso de estratexias de aprendizaxe.
Un estudo levado a cabo por Naiman, Fröhlich, Stern e Todesco (1978) sobre este tipo de alumnos revelou características non só do propio aprendiz, senón tamén do ensino e aprendizaxe da segunda lingua en termos xerais. Respecto ao aprendiz, o estudo conclúe que a aptitude resulta menos relevante que a actitude, deixando así mesmo patente a complexidade e individualidade de cada aprendizaxe. En canto ao ensino, destaca que en xeral o profesor non é capaz de distinguir entre aqueles estudantes que posúen unha grande aptitude para a aprendizaxe de segundas linguas e aqueles que non a teñen. En relación á aprendizaxe en si, esta investigación demostra que a simple observación non permite identificar á persoa que se poida cualificar como bo aprendiz. Demostrouse, tamén, que a tolerancia da ambigüidade, a independencia de campo (⇒ dependencia do ámbito de acción), e a actitude contribúen ao éxito na aprendizaxe da lingua.
Naiman, N., Frölich, M., Stern, H. & Todesco, A. 1978. The Good Language Learner. Research in Education Series No. 7. Toronto: The Ontario Institute for Studies in Education.
Rubin, J. 1975. “What the Good Language Learner can Teach Us.” TESOL Quarterly 9/1: 41-51.