Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Dependencia do ámbito de acción

Definición:

Tipo de estilo cognitivo. Os aprendices que mostran dependencia do ámbito de acción realizan unha aprendizaxe de tipo global, é dicir, fíxanse máis no conxunto que nas súas partes. Esta clase de estilo cognitivo oponse á independencia do ámbito de acción; neste caso os estudantes empregan un método de tipo analítico, prestando maior atención aos distintos elementos que conforman o todo. Os resultados das investigacións levadas a cabo nesta dirección parecen apuntar a que os aprendices independentes do ámbito de acción aprenden mellor en contextos formais como o da clase. Na aprendizaxe de linguas, os estudantes que mostran independencia do ámbito de acción manifestan unha maior habilidade para unha aproximación analítica ao material, para percibir os seus compoñentes e a relación entre os mesmos ou para identificar os aspectos máis significativos da lingua. Pola súa banda, os estudantes con dependencia do ámbito de acción, máis sociables e propensos ás relacións interpersoais, tenden a aproveitar mellor as situacións de aprendizaxe derivadas da interacción con outros individuos para mellorar a súa competencia lingüística, compensando así a falta dunha orientación analítica na aprendizaxe de idiomas.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Skehan, P. 1998. A Cognitive Approach to Language Learning. Oxford: Oxford University Press.

Witkin, H., Oltman, O., Raskin, E. & Karp, S. 1971. A Manual for the Embedded Figures Test. Palo Alto, CA: Consulting Psychology Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Dependencia del ámbito de acción
Inglés: 
Field dependence
Francés: 
Dépendance du domaine d'action
Alemán: 
Feldabhängigkeit
Italiano: 
Dipendenza del campo di azione
Polaco: 
Zależność od pola
Portugués: 
Dependência do campo de ação
Ruso: 
Зависимость от поля
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/dependencia-ambito-accion, con data de acceso 04/10/2024).