Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Converxencia

Definición:

Proceso mediante o cal dúas ou máis linguas ou variedades lingüísticas (dialectais, estilísticas ou de rexistro) víranse progresivamente máis semellantes entre si. Isto sucede, por exemplo, cando unha lingua ou variedade lingüística posúe ou adquire un maior status dentro dun contexto lingüístico determinado. Os falantes doutra que coexista coa primeira no devandito contexto tenderán a asemellala á primeira, mediante cambios na pronuncia, estilo, trazos e estruturas gramaticais e incorporando ao seu vocabulario palabras específicas da lingua de maior status.

Tamén se fala de converxencia cando os falantes de dúas variedades lingüísticas distintas entran en contacto como consecuencia dun movemento migratorio cara a unha mesma zona. Neste caso, ambas as variedades cambiarán para asemellarse entre si, tomando trazos unha da outra para facilitar a comunicación entre os falantes de ambas. O proceso contrario coñécese co nome de diverxencia.

Dentro da teoría da acomodación, que distingue as actitudes dos falantes cara aos seus interlocutores, os falantes poden recorrer á converxencia ou á diverxencia. A primeira consiste na adaptación, por parte do falante, á fala do interlocutor. A diverxencia é o proceso contrario, é dicir, o afastamento da fala do interlocutor.

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Braunmüller, K. & House, J. (eds.) 2009. Convergence and Divergence in Language Contact Situations. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins.

Weinreich, U. 1953. Languages in Contact. La Haya: Mouton, 1966.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Convergencia
Inglés: 
Convergence
Francés: 
Convergence
Alemán: 
Konvergenz
Italiano: 
Convergenza
Polaco: 
Zbieżność/Konwergencja
Portugués: 
Convergência
Ruso: 
Конвергенция
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/converxencia, con data de acceso 19/05/2024).