Alburquerque, R., González Bueno, L., Lindström, K., Marín, J., Martín Laborda, P. & Palencia, R. 1991. En el aula de inglés: Metodología práctica para la enseñanza de jóvenes principiantes. Harlow: Longman. 2nd edition.
Táboa que presenta unha mostra dos diversos elementos que poden aparecer nas distintas posicións dentro dunha cláusula ou oración, segundo a categoría gramatical á que pertenzan (substantivo, adxectivo, verbo, etc.) e a función que desempeñen dentro da devandita estrutura superior. No ensino de linguas emprégase esta técnica na fase de práctica controlada para que o alumno fixe as estruturas e o vocabulario da lingua estranxeira, producindo cláusulas ou oracións diferentes por medio da combinación dos distintos elementos que aparecen na táboa. Deste xeito, o alumno tamén se vai familiarizando coa división de toda estrutura lingüística en diversos compoñentes interrelacionados que desempeñan funcións concretas dentro dese todo e que, á súa vez, aparecen representados por formas lingüísticas que pertencen a clases gramaticais diferentes. Os exercicios que empregan táboas de substitución son en realidade un tipo especial de exercicio de repetición. A continuación figura un exemplo dunha táboa de substitución en italiano:
La chiesa Il museo La profumeria Il supermercat oLa libreria |
è |
vicino dietro davanti |
al cinema al mercato all’hotel al parco alla stazione |