Sukrina, V. 2013. Improving Students' Vocabulary Mastery by Using Realia. TRANSFORM Journal of English Language Teaching and Learning 2/2:1-10.
Tamén obxectos reais.
Obxectos da realidade cotiá (alimentos, moedas, billetes, folletos, mapas, xornais, utensilios de cociña, etc.) que emprega o profesor na clase para tratar certos temas ou para ensinar vocabulario e outros puntos gramaticais na aula. Por exemplo, ao falar do tema das viaxes e de como pedir un billete de tren, pódense usar billetes auténticos dentro da aula para facer que a actividade pareza máis real. Ao ensinar o vocabulario relacionado coa roupa e vestimenta, o docente pode levar á aula distintas pezas de roupa en lugar de usar debuxos ou fotografías.
Ur, P. 1996. A Course in Language Teaching – Practice and Theory. Cambridge: Cambridge University Press.
Willis, J. 1981. Teaching English through English: A Course in Language Classroom and Techniques. Harlow: Longman, 1987.