Fotos, S. S. 1993. “Consciousness Raising and Noticing through Focus of Form: Grammar Task Performance versus Formal Instruction”. Applied Linguistics 14/4: 126-141.
Aproximación ao ensino da gramática que busca fomentar no discente os procesos cognitivos que lle permitan:
- establecer hipóteses sobre o funcionamento do novo sistema lingüístico;
- ser consciente da distancia existente entre a súa interlinguaxe e o aducto que recibe;
- reflexionar sobre deficiencias na súa interlinguaxe a partir dun traballo consciente e analítico sobre a gramática.
Postúlase que unha vez que a conciencia sobre un trazo da lingua é activada, os estudantes continúan sendo conscientes dese trazo e non o deixan pasar por alto cando o encontran, máis tarde, no aducto lingüístico. Considérase, xa que logo, que seguir esta secuencia de eventos facilita a adquisición da lingua.
Trátase de potenciar a conciencia do estudante sobre os elementos lingüísticos problemáticos da L2 mediante tarefas comunicativas. Os estudantes han de descubrir por si mesmos as regras gramaticais antes de aplicar as súas conclusións na produción lingüística. Trátase dun achegamento indutivo á aprendizaxe da segunda lingua, menos favorecido que o dedutivo na maioría dos enfoques de ensino. Neste sentido, a potenciación da conciencia lingüística oponse ás correntes tradicionais, nas que o que se pretende é transmitir modelos e hábitos gramaticais correctos de forma directa e explícita. Tamén se opón ás versións máis radicais do enfoque comunicativo, por conceder escasa atención ao ensino das formas lingüísticas.
Fotos, S. S. 1994. “Integrating Grammar Instruction and Communicative Language Use through Grammar Consciousness-Raising Tasks.” TESOL Quarterly 28/2: 323-351.
Rutherford, M. 1987. Second Language Grammar and Teaching. Harlow: Longman.
Rutherford, M. & Sharwood Smith, M. (eds.) 1988. Grammar and Second Language Learning. New York: Newbury House.