Richards, J. C. & Rodgers, T. S. 1986. Approaches and Methods in Language Teaching: A Description and Analysis. Cambridge: Cambridge University Press.
Ideario nacido a finais do século XIX a partir da colaboración entre lingüistas e especialistas no ensino de linguas. Este movemento quería ser científico, e reflicte os inicios da disciplina hoxe coñecida como lingüística aplicada. Avogaba por un cambio profundo na metodoloxía do ensino de linguas estranxeiras, entón dominada polo método da gramática e a tradución. Os seus principios básicos son os seguintes:
- primacía concedida á lingua falada e ás destrezas lingüísticas orais en xeral;
- os alumnos han de escoitar a lingua primeiro, antes de que lles sexa presentada de forma escrita;
- o léxico debe presentarse en oracións, e estas dentro de contextos significativos e non de forma illada, coma se fosen elementos desconectados;
- as regras gramaticais só deben ensinarse despois de que o estudante practique os puntos gramaticais nun contexto, é dicir, de forma indutiva; e
- hase de evitar a tradución, aínda que é posible utilizar a lingua materna para explicar o significado de palabras novas ou comprobar que o estudante entendeu.
Bibliografía: