Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Método da lectura

Definición:

método de ensino de linguas que tivo un certo predicamento antes da Segunda Guerra Mundial e que prima o ensino da comprensión escrita por enriba doutras destrezas lingüísticas. Tanto o léxico como as estruturas gramaticais introdúcense en breves pasaxes de lectura, e recórrese á tradución e á análise das estruturas gramaticais. O obxectivo último é facer que o alumno logre identificar as palabras da segunda lingua cos seus correspondentes significados na lingua nativa.

Bibliografía: 

Mackey, W. F. 1965. Language Teaching Analysis. London: Longman.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Método de la lectura
Inglés: 
Reading approach
Francés: 
Méthode de lecture
Alemán: 
Lese-Methode
Italiano: 
Metodo basato sulla lettura
Polaco: 
Metoda czytania
Portugués: 
Método da leitura
Ruso: 
Метод чтения
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/metodo-lectura, con data de acceso 07/12/2024).