Cook, V. J. 1988. Chomsky’s Universal Grammar: An Introduction. Oxford: Blackwell.
Na lingüística de raíz chomskiana, emprégase este termo con referencia á representación mental do coñecemento que un falante posúe da súa propia lingua. Os lingüistas que comparten con Chomsky a idea de que este debe ser o auténtico obxecto de estudo da teoría lingüística tratan de construír gramáticas que mostren a forma na que a linguaxe estrutura a mente humana, e os principios (universais) que entran en xogo; véxase gramática xenerativa y gramática universal (gu). Outras aproximacións ao estudo da linguaxe traballan con linguaxe E, é dicir, linguaxe como algo externo. Os estudos deste último tipo recollen e analizan mostras lingüísticas para construír gramáticas que describan as estruturas e modelos xerais resultantes.
Segundo os estudiosos da linguaxe I, o método lingüístico externo forma parte da tradición estruturalista norteamericana. Afirman tamén que inclúe unha ampla sección de estudos sociolingüísticos e de análise do discurso, xa que traballan con fenómenos sociais e non mentais. A distinción entre ambas as perspectivas, linguaxe I e linguaxe E, é relevante para os estudos de adquisición e ensino de linguas.