Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Graos de liberdade

Definición:

Os resultados dos estudos estatísticos poden variar debido ao tamaño da mostra, o número de grupos obxecto de estudo, etc. Os graos de liberdade utilízanse para axustar esas posibles diferenzas de resultados. Por exemplo, cando se traballa coa dispersión dunha variable, na fórmula da varianza adóitase restar 1 ao número de elementos da mostra ao efectuar a división, especialmente cando se opera cun número reducido de datos. Os graos de liberdade son necesarios, por exemplo, para determinar os chamados valores críticos (aqueles valores que permiten decidir se unha hipótese pode ser rexeitada). 

Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Brown, J. D. 1988. Understanding Research in Second Language Learning: A Teacher’s Guide to Statistics and Research Design. Cambridge: Cambridge University Press.

Butler, C. 1985. Statistics in Linguistics. Oxford: Blackwell.

Woods, A., Fletcher, P. & Hughes, A. 1986. Statistics in Language Studies. Cambridge: Cambridge University Press.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Grados de libertad
Inglés: 
Degrees of freedom
Francés: 
Degrés de liberté
Alemán: 
Freiheitsgrade
Italiano: 
Gradi di libertà
Polaco: 
Stopnie swobody
Portugués: 
Graus de liberdade
Ruso: 
Степень свободы
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/graos-liberdade, con data de acceso 29/03/2024).