Selecciona unha inicial para ver as entradas correspondentes:
A B C D E F G H I K L M N O P R S T U V W X Z

Exame comunicativo

Definición:

Proba que trata de medir a competencia comunicativa (gramatical, sociolingüística, estratéxica e discursiva) do alumnado dunha lingua estranxeira. Require do examinando o uso da lingua en contextos naturais sabendo utilizar as súas diversas funcións. Non se esixe tanto que os estudantes dean resposta a problemas a nivel lingüístico, como que resolvan problemas reais empregando a lingua. Os catro criterios que foron propostos para a creación de probas comunicativas son os seguintes:

  1. As probas deben partir de coñecementos e principios teóricos xa existentes.
  2. Os contidos deben ser interesantes e motivadores para o alumnado. Tamén se debe proporcionar un contexto, elemento fundamental na comunicación, e permitir a interacción por parte do alumnado, que así pode expresar as súas ideas e opinións.
  3. A proba debe darlle a oportunidade ao estudante de esforzarse para dar o mellor de si mesmo. Para iso é necesario reducir o nivel de ansiedade, dar tempo suficiente, ofrecer información clara sobre o formato da proba, etc.
  4. As probas comunicativas han de conseguir que se produza un efecto de repercusión positivo: o exame debe ser unha ferramenta de ensino, mediante a cal o alumnado pode percibir que elementos da súa competencia comunicativa debe mellorar.
Entradas relacionadas: 
Bibliografía: 

Oller, J. 1979. Language Tests at School. London: Longman.

Weir, C. J. 1990. Communicative Language Testing. New York; London: Prentice Hall.

Correspondencia noutros idiomas
Español: 
Examen comunicativo
Inglés: 
Communicative testing
Francés: 
Examen communicatif
Alemán: 
Kommunikativer Test
Italiano: 
Prova comunicativa
Portugués: 
Teste de avaliação de competência comunicativa
Ruso: 
Тестирование коммуникативной компетенции
Entrada anterior / seguinte:

Como citar esta páxina

Palacios Martínez, Ignacio (dir.), Rosa Alonso Alonso, Mario Cal Varela, Yolanda Calvo Benzies, Francisco Xabier Fernández Polo, Lidia Gómez García, Paula López Rúa, Yonay Rodríguez Rodríguez & José Ramón Varela Pérez. 2019. Dicionario electrónico de ensino e aprendizaxe de linguas. ISBN 978-84-09-10971-5. (Dispoñible en líña en https://www.dicenlen.eu/gl/diccionario/entradas/exame-comunicativo, con data de acceso 03/12/2024).